“O comidista” faise eco do noso restaurante neste artigo sobre gastronomía española liderada por mulleres
https://elcomidista.elpais.com/elcomidista/2018/02/28/articulo/1519830647_155980.html
Unha lamprea puxo a Ana Portals no mapa. Unha receita na que preparaba o peixe á bordelesa, con foie, arroz con xenxibre e caramelo de chocolate, foi finalista dun concurso organizado polo Basque Culinary Center. Non gañou, pero deu un golpe sobre a mesa no panorama gastronómico de Galicia coa súa visión sen andrómenas da cociña tradicional. Ana dirixe Solleiros, o restaurante do Hotel San Miguel en Santiago de Compostela. Ponnos sobre a súa pista o noso galego preferido, Jorge Guitián, que nos comenta que “ten unha carta de cociña galega cuns cuantos chiscadelas a especialidades de Esteiro, o pobo do que é oriúnda, na Ría de Muros, e algúns detalles postos ao día”.